Un furtivo agride cunha saca de ameixas a un garda rural na ría de Pontevedra

Pontevedra
03 de outubro 2019

Tres furtivos actuaron de maneira coordinada en distintos puntos dun arenal da ría coa intención de evitar a actuación dos gardas rurais, que finalmente conseguiron decomisar 12,18 quilos de ameixas que foron devoltas ao mar

Ameixas recuperadas por Gardas Rurais na ría de Pontevedra Guardas Rurales Provincia de Pontevedra

Os gardas rurais lograron este mércores confiscar 12,18 quilos de ameixas nun areal da ría de Pontevedra. Os axentes detectaron tres furtivos que, de maneira coordinada, estaban a extraer marisco en tres puntos distintos da praia.

Un dos gardas deu o alto a un furtivo, que reaccionou proferindo insultos. A continuación, de maneira agresiva, abalanzouse sobre o gardapesca e golpeouno no corpo coa saca de ameixas que portaba. 

O impacto provocou que o saco rompese e quedasen diseminadas pola area as ameixas. Os axentes recolleron o marisco e pesárono. A cantidade incautada foi de 12,18 quilos. Unha vez comprobado o peso, os gardas rurais devolveron o marisco á zona de extracción.

Segundo indican os Gardas Rurais, a medida que se achegan as datas de Nadal, increméntase o furtivismo debido á subida de prezos dos moluscos no mercado.

O colectivo de gardapescas marítimos da confraría de Pontevedra sinala que o persoal se atopa desbordado e solicita un aumento de gardapescas marítimos na confraría de Pontevedra reforzando a vixilancia no fondo da ría de Pontevedra.