Máis do 90% dos cidadáns recoñece a gravidade da pandemia da covid-19 e percíbena como máis perigosa que a gripe. Por iso, a maioría deles apoian as medidas de confinamento e cren que as restricións deben continuar ata que haxa vacúa.
Son dous das principais conclusións do estudo, realizado en farmacias de Pontevedra e Ourense, que foi recoñecido como o mellor proxecto de investigación no IX Congreso da Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria (SEFAC).
Este evento, celebrado do 19 ao 22 de outubro, contou coa participación de máis de 2.700 farmacéuticos de España, Portugal e Hispanoamérica.
O estudo "Percepción dos usuarios das farmacias sobre a covid-19" foi presentado conxuntamente por farmacéuticos de Pontevedra e Ourense do Grupo Berbés de Investigación e Docencia, que revelaron os datos recolleitos en farmacias destas dúas provincias.
Os aspectos do benestar máis afectados foron o familiar e o emocional, segundo os enquisados. Máis da metade dos maiores atopáronse sós durante o período de confinamento, aínda que o 40% dos menores de 70 tamén experimentaron ese sentimento
Ao redor do 15% di sentirse mal ou moi mal co illamento, peor as mulleres que os homes, sobre todo na fase final.
O 50% dos maiores de 70 anos senten ben ou moi ben co illamento, fronte a un 40% dos menores de 70 anos, o que demostra que os maiores teñen unha maior capacidade para adaptarse a unha situación excepcional deste tipo.
A intención de vacinarse da gripe aumenta nesta situación en relación á campaña anterior e máis do 65% vacinaranse da covid-19, aínda que non estea financiada, fronte o 35% que o pensará ou directamente non se vacinará.