Un edificio de dous séculos reducido a isto

Pontevedra
02 de febreiro 2016

"Yo pensé que iba a arder toda la manzana, como el barrio de Lisboa", recoñece unha veciña da rúa Michelena que tivo que ser desaloxada este luns polo espectacular incendio da Ferrería e reacollida nun hotel. As consecuencias foron menores, pero as chamas deixaron unha imaxe desoladora que se observa nesta galería de fotos de Mónica Patxot

Estado no que quedou o edificio que se incendiou na Ferrería Mónica Patxot

Cando Luís Campos regresou á súa casa este martes, tras pasar a noite reacollido na casa da súa sogra a causa do espectacular incendio do edificio da Ferrería, entrou pola porta e atopouse con que "estaba todo lleno de cascotes, cenizas, todo inundado". O panorama era desolador, pero é consciente de que o rastro que deixou no seu piso do número 10 da rúa Michelena non é nada en comparación coas pegadas que imprimiu no edificio directamente afectado.

Desde o balcón da súa casa vese parte do tellado do inmoble afectado e faise unha idea. Desde a xanela da cociña ve outro lado e segue crecendo a lista de danos. Pero aínda queda por observar unha imaxe máis desoladora, a que se ve desde o edificio situado alén, o que está tamén na rúa Michelena pero pegado ao incendiado polo outro lado. 

Nesoutro edificio vive unha familia pontevedresa que na noite deste luns xa se asustou desde o minuto cero: "Yo pensé que iba a arder toda la manzana, como el barrio de Lisboa". Este martes, cando volveron a casa e se asomaron á terraza, xa máis tranquilos porque o lume non se propagara a máis inmobles, quedaron impresionados. A aquilo quedara reducido o edificio que desde 1896 albergaba no seu baixo dos Soportais da Ferrería a tenda A Moda Ideal, un inmoble do século XIX que, dous séculos despois, quedou reducido a cinza. Así quedou:

Arquivado en