'Un día con elas', nace un novo evento de reivindicación feminista

Pontevedra
17 de marzo 2021

A nova produtora audiovisual Ataraxia, xunto coa colaboración de Virago Mujeres levan a cabo o evento online Un día con ellas, con motivo do 8M  

Produtora audiovisual Ataraxia, nunha das súas rodaxes Ataraxia Productions

A nova produtora audiovisual Ataraxia, xunto coa colaboración de Sara Piñeiro, fundadora de Virago Mujeres, levan a cabo o evento online Un día con ellas, con motivo do 8M. Ademais, tamén contaron coa colaboración de Velén Granados, organizadora de 'Ellas son arte', un proxecto de xestión cultural de apoio á muller; e co apoio de Elena Gómez con su proxecto chamado Coda Sonora. 

"Debido á covid-19 este ano non puidemos saír a manifestarnos ás rúas como nos tivese gustado, para reivindicar os dereitos e os espacios que nos corresponden como mulleres", afirma Sara Piñeiro, unha das compoñentes da organización. "Por esta razón, dende a miña comunidade de mulleres Virago, dende a produtora audiovisual galega Ataraxia Productions e dende o proxecto de xestión cultural de apoio á muller 'Ellas Son Arte' decidimos xuntarnos e crear un evento online gratuíto co obxetivo de crear un espazo seguro e de sororidade", comenta a promotora do evento. 

O evento levouse a cabo baixo previa inscripción mediante unha ligazón, e aínda que estaba previsto que durase 12 horas, resultou ter moi boa acollida e decidiuse alongar ata las unha hora máis. Tratouse esencialmente de varios obradoiros relacionados co coidado, o desenvolvemento persoal e artístico e mesmo espectáculos teatrais, entre outros. 

Baixo o lema "resérvate el día, te lo mereces", conseguiron reunir a unha totalidade de case 300 mulleres que puideron gozar de poñentes como Marta Gau, do departamento artístico, coa súa poesía, ou dos monólogos de Mila Moreno.

O evento comezou cun taller de Yoga dirixido por Anika Prieto, seguido doutros catro eventos que acabaron ás 14:00. Na sesión da tarde, Pame Tifni inaugurou a segunda ronda con "Conecta con tu ciclo".

Tal e como afirmaron dende a organización, o evento finalizaría co "broche final", que estivo enfocado por un "espacio artístico no que músicas, cantantes, bailarinas, poetas e artistas plásticas nos deleitaron co seu talento".

Sara Piñeiro afirmou que "a nivel persoal, este evento foi un agasallo e sinto que como muller eu xa gañei. Emocionoume profundamente e me sinto moi agradecida con todas e cada unha das poñentes, artistas e participantes". Ademais, explicou que "fan falla máis espazos de sororidade para que podamos permanecer xuntas e texer lazos que nos axuden a xerar confianza, empatía e apoio mutuo" 

Ataraxia é unha produtora que se creou no ano 2018 por un grupo de estudiantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. A produtora está composta por seis integrantes activas en redes sociais que están empezando a sacar adiante os seus proxectos.

Ademais da súa conta de Instagram, na que publican información tan variada como información da historia do cine ou o proceso das súas rodaxes como consellos á hora de grabar e/ou actuar, tamén contan coa súa propia páxina web, na que publican información relacionada tanto con eventos como dos seus reportaxes, cortos e outros proxectos, e que estará aberta ao público nas próximas semanas. 

No caso de Virago Mujeres, este proxecto xurdiu a raíz dunha estudiante de Educación Social na Universidade de Ourense. Sara Piñeiro afirma que a comunidade agromou "coa intención de crear un espazo seguro para todas, como ese lugar ao que acudir cando necesitas unha mano amiga" e coa motivación de "crear rede e sororidade para seguir loitando polo lugar e os dereitos que nos corresponden". Ademais, destaca "este é o xeito que eu atopei de militar o feminismo". 

Tratase principalmente dunha páxina de Instagram na que se elaboran, de xeito periódico, directos con diferentes mulleres de diferentes partes do mundo. Ademais, tamén conta con páxina web, na que publica podcasts, charlas e outros eventos de interés para a comunidade. Defínense a sí mismas como "unha comunidade de mulleres en redes. Un espacio para visibilizar as realidades, proxectos e necesidades das mulleres de diferentes partes do mundo".