Un condutor dáse á fuga cando a Policía o para por ir sen cinto e acaba denunciado por positivo en alcol e cocaína

Pontevedra
06 de setembro 2024

Unha patrulla da Policía Local parou o vehículo na rúa das Hortas xa que o seu condutor non levaba posto o cinto de seguridade. Fuxiu en dirección á zona do Marco, adiantou en liña continua e os axentes lograron detelo porque, pola cantidade de tráfico, non puido seguir

Policia local Pontevedra Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra detivo o pasado domingo un condutor que se deu á fuga dun control policial e acabou denunciado por circular sen cinto de seguridade, por condución temeraria e por dar positivo en consumo de alcol e cocaína.

Unha patrulla da Policía Local parou o vehículo na rúa das Hortas xa que o seu condutor non levaba posto o cinto de seguridade.

A partir de aí, o condutor optouse por darse á fuga en dirección á zona do Marco. Durante ese traxecto, conduciu de xeito temerario.

Así, adiantou en liña continua ata chegar ao cruzamento do Marco e alí finalmente os axentes lograron detelo porque, pola cantidade de tráfico, non puido seguir adiante.

Os axentes conseguiron paralo e facerlle as probas de drogas e alcoholemia. Deu un resultado positivo en alcol de 0,44 miligramos por litro de aire expirado e positivo en cocaína