Un cento de troitas para repoboar o Lago de Castiñeiras

Marín
05 de xullo 2023

Desde a Piscifactoría da Xunta de Galicia de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) trasladaron 100 exemplares de troita común de 20 centímetros de media para seguir apostando pola repoboación desta especie no lago.

Solta de troutas no lago de Castiñeiras Concello de Marín

O Lago Castiñeiras ten novos exemplares de troita para incrementar a súa riqueza.

Desde a Piscifactoría da Xunta de Galicia de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) trasladaron 100 exemplares de troita común de 20 centímetros de media para seguir apostando pola repoboación desta especie no lago.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu á solta das troitas e expresou o importante que é "seguir mantendo o lago neste sentido, apostando polo seu enriquecemento medio ambiental".

A última vez que se botaron estas especies foi en novembro do mes pasado, cando se deixaron 6.000 exemplares de alevíns para que foran entrando en contacto co medio.