Arredor dun centenar de alumnos e alumnas do IES da Illa de Arousa, da asociación BATA e do Igafa participaron este venres na 'Macrolimpeza do Carreirón' organizada conxuntamente co Concello e o instituto.
Pese á choiva, os participantes estiveron durante máis dunha hora retirando plásticos e residuos do espazo natural acumulando varias bolsas de restos retirados dun entorno que combina sendeiros con arenais.
Ademais de botellas e bolsas, encontraron restos de aparellos de pesca, palillos, cordas, paraugas, trozos de prendas de roupa e ata un centenar de cavichas.
Asegurou a concelleira de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, que a cantidade recollida nesta edición da macrolimpeza é inferior á de outros anos "debido á maior concienciación social sobre a importancia da recollida dos residuos", un dos obxectivos desta iniciativa.
Tamén é certo que a menor presenza de refugallos no Carreirón é debido ao "actual estado de limpeza deste entorno aos operativos periódicos que se organizan para retirar residuos do espazo protexido", indicou.
Esta actividade complementa a desenvolvida esta mesma semana co voluntariado da horta do IES, donde Concello e BATA colaboraron na prantación de 45 árbores, sobre todo carballos criados no invernadeiro do IES da Illa.
A actividade contou coa participación de persoas voluntarias, alumnado, profesorado, familias, a xunta do monte e Nito Dios.