A procura de Estefanía Blanco Pena terminou. Tras meses esperando a aparición dun doante de medula ósea compatible con ela para un transplante para tratar a leucemia mieloide aguda que lle diagnosticaron en febreiro de 2023, apareceu un en América.
Así o confirmou este venres o seu marido, Luis Miguel Diaz, que desde hai meses impulsa desde Pontevedra unha campaña para difundir a necesidade de doar este tipo de tecidos.."Hoxe é un día importante para nós e queremos compartilo", comunicou.
Segundo a información facilitada por Luis, a confirmación de que aparecera un doante compatible chegoulles o xoves e é unha persoa anónima que "lle regalou esperanza".
É, segundo Luis, "o mellor agasallo dun amigo invisible" que chegou, nesta ocasión, desde moi lonxe. E insiste en que foi posible "porque un mundo unido é un mundo mellor", pois as doazóns de medula ósea entran en bancos de doantes que se difunden e consultan a nivel internacional.
Localizado o doante, é o momento do transplante. Luis recoñece que "a seguinte etapa, a do transplante, será moi dura", pero tamén confirma que teñen esperanza. "Temos unha luz e motivos para loitar", sinala a través dunha mensaxe difundida este venres.
Esta mensaxe chegou a todas as persoas que nos últimos meses axudaron a difundir o caso de Estefanía e a campaña para incentivar a doazón de medula ósea e, con el, #Luis e Estefanía queren dar as grazas colectivos.
Ademais, animan a seguir difundindo a importancia de doar medula ósea "para que outros poidan atopar ao seu amigo invisible portador de vida".
Estefanía Blanco Pena ten 36 anos e leva desde esperando un transplante. Tras un tempo ingresada no Hospital Montecelo para recibir un ciclo de quimioterapia "para gañar tempo ata que chegue o transplante", recibiu o alta e estaba pendente da aparición deste doante, aínda que ten que acudir cada dous ou tres días ao hospital para facerlle seguimento.
Estefanía e o seu marido vivían na Coruña e mudáronse a Pontevedra para poder organizarse mellor e ter a alguén que coide ao seu fillo, Liam, que en abril cumpriu dous anos e medio.