Un acto en Combarro pecha a programación do 25N en Poio

Poio
29 de novembro 2021

Unhas 150 persoas participaron este domingo no acto de peche da programación organizada polo Concello de Poio con motivo do Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller que consistiu nunha andaina  

Un acto en Combarro pecha a programación do 25N en Poio Concello de Poio

Unhas 150 persoas participaron este domingo no acto de peche da programación organizada polo Concello de Poio con motivo do Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller.

Co lema de "Paso a Paso Libre de Violencia de Xénero", unha andaina partiu as 10.30 horas do Bosque das Mulleres de Lourido chegando ata a Praza da Chousa de Combarro, onde se procedeu á lectura do manifesto e se abriu ao público unha exposición coas pezas artísticas e material audiovisual elaborado durante estas semanas polas integrantes dos colectivos que forman parte do Consello Municipal da Muller. 

As asociacións Airiños do Mar, MEI Poio, O Bao, Asociación de Mulleres Arela, AV Lourido, Asociación de Mulleres Progresistas e Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Poio participaron nesta cita.

Tamén houbo unha acción poética a cargo de Lúa Mosquetera. 

As participantes recibiron como agasallo diverso material conmemorativo do 25N.