Un accidente na N-541 agrava as críticas dos vecinos de Calvelo

Cerdedo-Cotobade
11 de agosto 2019

Os residentes da vila do condello de Cerdedo-Cotobade levan varios anos queixándose da falta de seguridade na devantida estrada, onde, esta fin de semana, sumaron outro accidente

Zona do accidente na N-541 de Calvelo Veciño de Calvelo

Un accidente de tráfico, ocorrido esta fin de semana na N-541 do concello de Cerdedo-Cotobade agrava as críticas dos veciños de Calvelo sobre o perigo que presenta dita estrada.

Este sábado, segundo fontes veciñais, un turismo arroiou unha marquesiña de autobús "utilizada para o transporte escolar e demais servizos". A pesar de que os danos non foron máis aló dos materiais, os residentes da zona aseguran que "o accidente podería ser moito máis grave"

Os veciños da parroquia pontevedresa aseguran que levan xa moito tempo deixando constancia do seu malestar pola falta de seguridade na calzada, porque xa non é o primeiro incidente que ten lugar en alí. Por iso, deron conta ao Concello de Cerdedo-Cotobade, que no último pleno aceptou as reformas oportunas na estrada nacional.

Entre as súas peticións atópanse a modificación dos accesos, facéndoos máis seguros para os viandantes e condutores, ademais dun carreiro de comunicación con Tenorio, facilitando a mobilidade a centros educativos, entre outros.