Ultiman un ambicioso dispositivo de tráfico e seguridade para que nada falle na Feira Franca

Pontevedra
03 de setembro 2013

Pontevedra acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca, unha das festividades máis exitosas do municipio e que supón a visita de miles de persoas durante as dúas xornadas: o venres, 6 e o sábado, 7 de setembro. De aí que a Policía Local, en colaboración co resto dos servizos de emerxencia e as concellerías de Seguridade Cidadá e Festas, coordinadas por Carme da Silva, elaboraran un amplo dispositivo especial de tráfico e seguridade

Dispositivo de tráfico e seguridade deseñado para a Feira Franca Concello de Pontevedra

Pontevedra acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca, unha das festividades máis exitosas do municipio e que supón a visita de miles de persoas durante as dúas xornadas: o venres, 6 e o sábado, 7 de setembro. De aí que a Policía Local, en colaboración co resto dos servizos de emerxencia e as concellerías de Seguridade Cidadá e Festas, coordinadas por Carme da Silva, elaboraran un amplo dispositivo especial de tráfico e seguridade.

Ao respecto do Plan de tráfico, a Policía Local lembra que se ben a Feira Franca subscríbese ao centro histórico, xenera un importante tránsito de persoas e vehículos en toda a cidade, especialmente, nas entradas e saídas. O dispositivo especial de tráfico pretende minimizar os inconvintes da celebración, coa axuda do resto de servizos, de tal xeito que o espazo público estea nas mellores condicións de uso para a cidadanía.

Ante a probable presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello solicita a colaboración cidadá, pedindo aos veciños que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible, e fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios de Mollabao, o Pavillón de Deportes e a explanada do Recinto Feiral.

O operativo de tráfico implica medidas coma a restrición de aparcamentos en determinadas rúas ou cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados. Como é coñecido, a Feira Franca celébrase nas rúas do Centro Histórico, Maestranza, avenida de Montero Ríos, Michelena, Benito Corbal (tramo peonil), Arcebispo Malvar, Peregrina (tramo peonil) e contorna da praza de touros.

A montaxe das infraestruturas nas prazas e rúas da zona monumental poderase realizar o venres 6 de setembro, dende as 15.00 ata as 19.00 horas. E o sábado 7 de setembro, dende as 06.00 ata as 10.00 horas.

As restriccións de tráfico no ámbito da Feira Franca son as seguintes:

  • Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da zona monumental a partir do sábado día 7, ás 10 horas.
  • Arcebispo Malvar
  • Pardo Bazán
  • Rúa Alameda, desvio por Echegaray
  • Galera
  • Benito Corbal (tramo peonil)
  • Rúa Peregrina, (tramo peonil)
  • Rúa Michelena
  • Dende as 14 horas do día 7 de setembro pecharase á circulación de vehículos as rúas do entorno da praza de touros, por mor da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectará ás rúas Víctor S. Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.
  • No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobian Roffinac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo.

 

As restriccións de estacionamento serán as seguintes:

  • Dende as 22 horas do venres día 6 de setembro, prohíbese estacionar na rúa Santa Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cobian Roffignac, co gallo do transporte do viño.
  • Entorno da Praza de Touros, prohíbese o estacionar dende o venres día 6 ás 07.00 horas na rúa Nostramo Lourido. En Víctor Saez Armesto, rúa Canaval e o perímetro da praza de touros a partir das 08.00 horas do sábado 7.
  • A partir das 22:00 horas do venres 6, rúa Maestranza e Paseo Cervantes (reservado motos)
  • Rúa Aduana dende as 15 horas do venres 6
  • Dende as 22:00 horas do venres 6, Avenida Bos Aires (reserva parada de taxis) dende Alfredo García Hermida ata rotonda Ponte Santiago.

 

O Plan de seguridade estará activo dende as 11.00 horas do sábado, ata as 03:00 horas do domingo 8 de setembro. A partir das doce da mañá, un equipo conxunto de Policía Local e Bombeiros inspeccionará os postos co fin de que se adaptan as normas establecidas pola organización.

  • Parrillas, só carbón
  • Extintores, preto das parrillas
  • Poderánse instalar só os autorizados.
  • Espazo ocupación autorizado, especialmente nas vías de penetración e evacuación.

 

Durante a celebración da Feira Franca existirán os seguintes puntos de emerxencia:

  • Posto avanzado médico no Teatro Principal
  • Tres ambulancias medicalizadas:
    • Valentín García Escudero
    • Bastida/ Michelena.
    • Alameda.
  • Protección Civil:
    • Praza de Ourense.
  • Bombeiros:
    • Praza de España
    • Valentín García Escudero.
  • En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados haberá unha batería de extintores.

 

Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecese como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas: Real ⿿ Sarmiento ⿿ Isabel II ⿿ Curros Enriquez ⿿ F. Villaverde ⿿ Michelena.

Arquivado en