Ule menos a fábrica de Ence en Lourizán?

Pontevedra
11 de abril 2017

Os responsables da fábrica de Ence informaron nun comunicado do remate da parada técnica que, segundo indicaron, "cumpliu todos os obxectivos previstos". Entre estes, a compañía pasteira destaca que "seguiuse avanzando no programa de Cero Olores para conseguir a total erradicación do impacto oloroso", mediante diversas melloras nos dixestores e caldeiras da pranta, que "permitirán elevar a calidade da condensación e control de gases"

Ence reanudou a súa actividade logo de concluir a parada técnica Mónica Patxot

Os responsables da fábrica de Ence informaron nun comunicado do remate da parada técnica que, segundo indicaron, "cumpliu todos os obxectivos previstos".

Entre estes, a compañía pasteira destaca "a importante mellora da eficiencia enerxética e o reforzo no comportamento ambiental das instalacións". Ademais, aseguran que "seguiuse avanzando no programa de Cero Olores para conseguir a total erradicación do impacto oloroso", mediante diversas melloras nos dixestores e caldeiras da pranta, que "permitirán elevar a calidade da condensación e control de gases".

Durante a parada tamén se realizaron traballos preparatorios para o aumento de capacidade en 30.000 toneladas que se acometerán na parada técnica de 2018, primeira fase do aumento total de 70.000 toneladas que Ence prevé para a súa fábrica pontevedresa.

A duración da parada foi de 9 días, un día menos do previsto inicialmente, "grazas ao esforzo e coordinación realizados por parte de todos os traballadores que participaron nas operacións".

Durante a parada, que contou con 130 empresas, alcanzouse unha punta de 1.400 traballadores.

Ademáis, un equipo de 15 profesionales con amplia experiencia de traballo no sector da prevención, dedicouse en exclusiva a velar pola seguridade da parada, "o que contribuiu a lograr uns excelentes índices de seguridade".