Turismo Rías Baixas sitúa no 89,2% a ocupación hoteleira do mellor mes de agosto na provincia

Pontevedra
31 de agosto 2016

Cos datos todavía sen pechar a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, avanzou este mércores as cifras de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de agosto, "que veñen confirmar que estamos ante un dos mellores veráns da historia", cunha ocupación media en agosto do 89,2%, cinco puntos por enriba das nosas estimacións previstas

Turistas en Pontevedra PontevedraViva

Cos datos todavía sen pechar, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, avanzou este mércores as cifras de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de agosto, "que veñen confirmar que estamos ante un dos mellores veráns da historia", cunha ocupación media en agosto do 89,2%, cinco puntos por enriba das nosas estimacións previstas.

Silva explicou que, se tomamos os datos de rexistro dispoñibles do Instituto Naciona de Estatística (INE) dende 1999, este é "o mellor agosto", xa que estamos catorce puntos por enriba do 74,9% rexistrado en 1999, "que era ata agora o ano co mellor índice de ocupación".

Carmela Silva lembrou que estes datos veñen corroborar as boas cifras acadadas xa no pasado mes de xullo, cando houbo un 82% de ocupación hoteleira, tamén once puntos por enriba das estimacións. Precisamente estes días a Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE referida a xullo viña confirmar que as Rías Baixas son un dos destinos con máis tirón de España, converténdose na quinta área turística do Estado, medrando nun 15% e recibindo só nun mes a máis de 205.000 visitantes.

A presidenta sinalou ademais as "cifras espectaculares" acadadas nos establecementos de turismo rural, que tiveron unha ocupación de algo máis do 84%, trece puntos por enriba das estimacións que falaban do 71%. Trátase dun dato moi relevante ao igual que xa o fora no pasado mes de xullo, cando a ocupación fora do 60%.

Por comarcas, no Salnés a ocupación hoteleira en agosto foi de máis do 88%, tres puntos por enriba das estimacións que eran do 85%. A presidenta destacou a ocupación do 92% en Sanxenxo e do 87,3% no Grove, dous dos puntos que máis visitantes reciben nas Rías Baixas.

A ocupación hoteleira na comarca de Pontevedra en agosto foi do 80%, cinco puntos por enriba das previsións que eran do 75%. A cidade de Pontevedra rexistrou unha ocupación media do 80%, continuando así o auxe alcista de xullo, cando xa se contabilizaron os mellores índices da última década. 

Os datos de visitantes nas oficinas de turismo da provincia de Pontevedra tamén veñen ratificar o gran volume de persoas que chegaron en agosto, xa que, á falta do reconto definitivo e pendentes de actualizar datos debido á enorme carga de traballo, poderemos falar de máis de 75.000 persoas atendidas.

SETEMBRO

Carmela Silva asegurou que, dende Turismo Rías Baixas, á vista das excelentes cifras de xullo e agosto,agárdase tamén un bo mes de setembro, cunha ocupación media de entre o 56 e o 60%. "Os datos deste ano veñen confirmar que temos que seguir mantendo unha aposta firme polo turismo na nosa provincia porque é un elemento fundamental de crecemento económico. Pero temos moi claro que non só somos costa, senón que nós tamén somos cultura, gastronomía, patrimonio ou paisaxe". 

Entre os factores que están provocando esta gran afluencia deste verán á provincia de Pontevedra, a presidenta lembrou a boa climatoloxía deste ano, as novas rutas aéreas de Peinador (que están facendo que sexa o aeroporto galego que máis medra en número de pasaxeiros), a coxuntura internacional que atrae a máis turistas para España e os formatos novidosos das campañas de promoción de Turismo Rías Baixas, entre as que están os Festivais Rías Baixas, y las promociones específicas de la gastronomía y la arquitectura contemporánea en la provincia.