Turismo de Sanxenxo saca a licitación a iluminación do Nadal por 257.699 euros por dous anos

Sanxenxo
19 de setembro 2023

O prego contempla 71 espazos e 302 motivos que se colocarán ao longo de 55.886 metros cadrados das sete parroquias do municipio

Inauguración da iluminación de Nadal 2022 de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Turismo de Sanxenxo acaba de sacar a licitación a iluminación con novos adornos e máis zonas por 257.699 euros por un período de dous anos. 

O prego contempla 71 espazos e 302 motivos que se colocarán ao longo de 55.886 metros cadrados das sete parroquias do municipio.

A iluminación do Nadal deberá estar instalada e funcionando desde o día 1 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2024, (ambos os incluídos). A regulación de horarios de aceso prevista é de 18:00 a 02:00 horas.

Desde o punto de vista estético, a iluminación proposta será sometida a aprobación municipal, e "achegará personalidade propia a cada unha das zonas de actuación".

Durante as 24 horas do día o contratista responderá de maneira inmediata ante calquera anomalía da instalación que afecte sobre todo á seguridade. 

A empresa instaladora dispoñerá para iso dunha persoa responsable e dun teléfono de localización con obxecto de que nun prazo de menos de 4 horas despois de recibir o aviso de avaría dispoña do persoal e os medios necesarios para proceder á reparación da avaría producida.

En cada tempada do Nadal o contratista está obrigado a instalar unha iluminación ornamental diferente. Concretamente na tempada seguinte 2024-2025 a proposta da empresa deberá conter como mínimo un 70% de elementos ornamentais diferentes respecto a os instalados no Nadal anterior 2023-2024, proposta que deberá ser avalada e autorizada polo Concello. 

Para iso, o adxudicatario deberá presentar dita proposta cunha antelación mínima de seis meses á data de aceso da iluminación de Nadal.