Turismo de Galicia cofinancia o albergue da Vía Mariana xunto á praia fluvial da Chan

Cerdedo-Cotobade
20 de marzo 2023

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de recibir a confirmación de Turismo de Galicia de que recibirá unha subvención de 30.000 euros para crear un albergue para oito peregrinos da Vía Mariana no local municipal existente na área recreativa xunto á praia fluvial da Chan, en Carballedo

Futuro albergue da Vía Mariana xunto á praia fluvial da Chan de Carballedo Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de recibir a confirmación de Turismo de Galicia de que recibirá unha subvención de 30.000 euros para crear un albergue para oito peregrinos da Vía Mariana no local municipal existente na área recreativa xunto á praia fluvial da Chan, en Carballedo. 

A Vía Mariana percorre polas parroquias de Augasantas, Valongo, Loureiro, Carballedo, Santa María de Sacos e San Xurxo de Sacos, antes de adentrarse xa no veciño munipio de Campo Lameiro. 

O equipo de goberno ten previsto tamén manter varias xuntanzas coas comunidades de montes para recabar a súa colaboración á hora de acondicionar sendeiros e facer labores de roza e mantemento de espazos e vierios por onde transita este roteiro.

O alcalde, Jorge Cubela, afirma que a Vía Mariana "supón unha oportunidade a curto e medio prazo para seguir potenciando a oferta turística do noso concello" que está a vivir "un desenvolvemento moi importante ao longo dos últimos anos coa aparición de proxectos emprendedores no sector hostaleiro e gastronómico" así como iniciativas relacionadas co turismo verde e familiar "no que encaixa perfectamente a Vía Mariana".