Triplica a taxa de alcoholemia, chama a un amigo para que a recolla e este tamén dá positivo

Vilaboa
20 de outubro 2020

Cun dobre positivo por alcoholemia saldouse unha intervención da Garda Civil en Vilaboa. Ocorreu o pasado domingo na N-554

Control de alcoholemia da Garda Civil en Vilaboa Guardia Civil de Pontevedra

Cun dobre positivo por alcoholemia saldouse unha intervención da Garda Civil en Vilaboa. Ocorreu o pasado domingo na N-554.

Todo comezou cando unha condutora, veciña de Ourense, arroxou unha taxa de 0,81 mg/l de alcol en aire espirado, máis de tres veces do límite legal, nun control. 

Tras notificarlle os axentes a súa calidade de investigada por un delito contra a seguridade viaria, do que deberá responder perante o xulgado de instrución de garda de Cangas, avisou a un amigo para que viñese recollela, xa que o seu coche quedara inmobilizado.

O mozo, que chegou a Vilaboa desde Vigo, tamén deu positivo por alcoholemia, aínda que no seu caso cunha taxa moito menos, 0,31mg/l en aire espirado.

A Garda Civil denunciouno pola vía administrativa, sanción que conleva a retirada de catro puntos do seu permiso de condución e unha multa de 500 euros.

A súa amiga, pola súa banda, enfrontarase a unha pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. En todo caso, perderá o carné de conducir entre un e catro anos.