Trío de patés con Conservas Pescamar

Pontevedra
21 de setembro 2024

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita rápida e sinxela ideal como aperitivo para mollar paus de pan ou verduras cortadas en bastóns

Presentación de tres tipos de patés Christo Anestev en Pixabay

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita rápida e sinxela de tres patés ideal como aperitivo para mollar paus de pan ou verduras cortadas en bastóns, e onde aproveitaremos todas as calidades das sardiñas, as luras e o atún.

Para preparar un delicioso Trío de patés con Conservas Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

Igredientes para o paté de sardiñas:

- 1 lata de sardiñas en aceite de oliva Pescamar

- 150 g de queixo cremoso

- 2 culleradas de maionesa

- media ceboliña pequena

- pementa negra

- 1 limón

Igredientes para o paté de luras:

- 1 lata deluras en tinta Pescamar

- 150 g de queixo cremoso

- 2 culleradas de maionesa

- 10 olivas negras

- 1 limón

Igredientes para o paté de atún:

- 1 lata de atún claro en aceite de oliva Pescamar

- 150 g de queixo cremoso

- 2 culleradas de maionesa

- 10 olivas recheas de anchoa

- 1 limón

- pemento en po doce ou picante

Elaboración do paté de sardiñas:

Mesturamos o contido da lata desardiñas en aceite de oliva Pescamar, previamente escorrida e retiradas as espiñas, coa ceboliña cortada en anacos, o queixo cremoso e a maionesa coa batedora ata obter unha crema espesa.

A continuación, incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade e a pementa.

Elaboración do paté de luras:

Mesturamos o contido da lata de luras en tinta Pescamar, previamente escorrida, co queixo cremoso e a maionesa coa batedora ata obter unha crema espesa.

A continuación, cortamos as olivas en anacos moi pequenos e engadímolos á mestura anterior ata que formen unha pasta consistente.

Incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade.

Elaboración do paté de atún:

Mesturamos o contido da lata de atún claro en aceite de oliva Pescamar, previamente escorrida, co queixo cremoso e a maionesa coa batedora ata obter unha crema espesa.

A continuación, cortamos as olivas en anacos moi pequenos e engadímolos á mestura anterior ata que formen unha pasta consistente.

Incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade.

Por último, decoramos cun pouco de pemento en po doce ou picante.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.