Trinta e un novos contaxios levan a área sanitaria ao medio milleiro de casos activos

Pontevedra
29 de abril 2021

Ao fío dos 500 casos activos por covid-19 situouse a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras unha xornada na que os novos contaxios que se rexistraron foron 31. Isto fai que os infectados con coronavirus crecesen ata os 499. Son 21 máis que onte

Xente paseando con máscaras en Pontevedra Cristina Saiz

Ao fío dos 500 casos activos por covid-19 situouse a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras unha xornada na que os novos contaxios que se rexistraron foron 31. Isto fai que os infectados con coronavirus crecesen ata os 499. Son 21 máis que onte.

Os pacientes ingresados nos tres hospitais da área sanitaria sitúanse, pola súa banda, nun total de 21. Son tres menos que este mércores, segundo desvela o Servizo Galego de Saúde.

A maior parte dos hospitalizados (14) están en sendo atendidos en Montecelo. Tres máis están no Hospital do Salnés e non hai ningún no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Pola súa banda, hai tres pacientes ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. É un menos dos que rexistraba o último balance de Sanidade.

O resto dos que contraeron o virus, outras 478 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 12.895 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 10 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 171 falecementos asociados ao virus. 

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 209.809, 1.237 nas últimas horas. Delas, 27 deron positivo (2,18%). A estas probas súmanse as 107.078 seroloxías realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.122, 74 máis que o día anterior. Deles 743 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 264 da de Ourense, 499 da de Pontevedra, 934 da área de Vigo, 358 da de Santiago e 105 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 164 en unidades de hospitalización e 2.911 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 116.453 persoas curadas, rexistrándose 2.386 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.039.736 probas PCR, 9.299 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar a 211 novos infectados.