Tres mil persoas piden na rúa "saber qué le pasó a Sonia" Iglesias tres anos despois

Pontevedra
28 de agosto 2013

Tras unha gran pancarta coa mensaxe "Todos somos Sonia", a partir das 21.30 horas percorreron o centro de Pontevedra. A irmá da moza desaparecida o 18 de agosto de 2010, Mari Carmen, pediu "llegar hasta el final y descubrir la verdad: qué le pasó, dónde está". E nese camiño a clave está agora na Xustiza, en que o caso pase ao Xulgado de Violencia contra a Muller para que abra novas dilixencias

Manifiesto da familia de Sonia Iglesias PontevedraViva

A voz quebrada, interrompida en reiteradas ocasións polos choros e obrigada a parar o seu discurso polos aplausos dos presentes. Mari Carmen Iglesias dirixiuse este mércores ás ao redor de 3.000 persoas que acudiron á concentración convocada para recordar o terceiro aniversario da desaparición da súa irmá Sonia Iglesias Eirín e reclamou avances xudiciais para que o caso do seu irmán non caia no esquecemento e "se siga investigando".

A nova pontevedresa desapareceu o 18 de agosto de 2010 e hai xa un tempo que a familia Iglesias Eirín perdeu as esperanzas de encontrar a Sonia con vida, pero si queren que a súa desaparición se resolva. Queren respostas e que se siga investigando a nivel policial e xudicial, de aí que dean grande importancia ao "amplio apoyo" cidadán recibido na concentración.

Tras unha gran pancarta coa mensaxe "Todos somos Sonia", a partir das 21.30 horas percorreron o centro de Pontevedra, cunha emotiva parada (aplauso incluído) diante da tenda de Massimo Dutti en Benito Corbal, na que traballaba a Sonia Iglesias e á que nunca acudiu aquel 18 de agosto. O resto da manifestación foi silencioso, como xa é habitual nas celebradas en recordo da moza desaparecida.

Antes de que uns 3.000 pontevedreses se botasen a andar, Mari Carmen leu un discurso dirixido a todos eles, para agradecer "vuestra presencia" e "una vez más, deciros que vuestro apoyo, siempre incondicional a pesar del paso del tiempo, ha sido y sigue siendo fundamental en nuestra lucha para descubrir qué le paso a Sonia".

Mentres pronunciaba unhas palabras cargadas de emoción, os seus pais, tambíen presentes, romperon a chorar, aínda que de forma comedida, facendo gala da discrección que os caracterizou nos tres últimos anos. A súa filla Mari Carmen agradeceu o respaldo cidadán á convocatoria porque con el, se segue "demostrando, día a día, que Sonia sigue tan viva en vuestra memoria como en la nuestra" e porque esa situación "nos da fuerzas para seguir adelante".

"No la olvidamos, como sabéis, ni un solo día", asegurou. Por iso, "y porque no se merecía que le ocurriese nada malo", quieren "llegar hasta el final y descubrir la verdad: qué le pasó, dónde está". E nese camiño a clave está agora na Xustiza.

Ao igual que a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, a familia e amigos de Sonia Iglesias queren que o caso pase ao Xulgado de Violencia contra a Muller. Esa decisión está agora en mans da Audiencia Provicial, que se espera que resolva en setembro. Ante este inminente pronunciamento, móstranse "esperanzados", xa que de asumilo este xulgado especializado creen que "supondría la apertura de nuevas diligencias, y un paso más para descubrir qué le pasó a Sonia".

Arquivado en