Tres investigadores crean un software que permite mellorar os diagnósticos psiquiátricos

Sanxenxo
26 de abril 2023

Identificar persoas depresivas entre personas sas, é ahora máis sinxelo. Daniel Pérez-Rodríguez, Hugo López-Fernández e Roberto C. Agís-Balboa desenvolveron un software que permite mellorar os diagnósticos psiquiátricos

Daniel Pérez, creador de myBrain-Seq myBrain-Seq

Identificar persoas depresivas entre personas sas é agora máis sinxelo. Daniel Pérez-Rodríguez, doutor en Metodoloxía e Aplicacións da Universidade de Vigo, Hugo López-Fernández, profesor axudante doutor do departamento de informática da Universidade de Vigo, e Roberto C. Agís-Balboa, veciño de Sanxenxo e investigador sanitario do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, desenvolveron un software que permite mellorar os diagnósticos psiquiátricos.

O pasado 2021, Pérez, López e Agís realizaron unha investigación na que descubriron que os resultados entre cinco estudos replicados sobre a análise de pacientes con enfermedades mentais e pacientes sans, só coincidían nun 28% por mor da heteroxeneidade dos procedementos aplicados.

Os investigadores consideran que a psiquiatría "está a 150 anos de distancia doutras disciplinas médicas" pola complexidade que supón entender e tratar as enfermidades mentais. Por iso, botaron man da epixenética e crearon un software libre, myBrain-Seq, que permite analizar os datos dos reguladores da expresión xenética, microARNs, de xeito sinxelo e cunha alta estabilidade.

Para comparar o seu funcionamento con outras metodoloxías tradicionais usaron a versión alpha do software, que foi presentado o pasado 2022 nun congreso internacional de bioinformática italiano, onde causou un gran interese.

Este ano 2023 viu a luz a súa primeira versión estable, myBrain-Seq v1.0.0.

A través do software, investigadores interesados na depresión e outras enfermidades mentais terán a posibilidade de descubrir os microARNs que cambian entre pacientes e persoas sas, identificalos e porlle imaxe aos mecanismos biolóxicos que se alteran durante a aparición destas enfermidades.