Tres feridos do accidente de Santiago están ingresados no Hospital Domínguez e evolucionan favorablemente

Pontevedra
25 de xullo 2013

Aínda que dous feridos permanecen na Unidade de Coidados Intensivos, permanecen estables e non se teme pola súa vida, salvo complicacións imprevistas

Hospital Miguel Domínguez Mónica Patxot

Tres feridos do sinistro ferroviario acontecido este mércores en Santiago encóntranse ingresados no hospital Miguel Domínguez desta cidade e evolucionan favorablemente.

Aínda que dous feridos permanecen na Unidade de Coidados Intensivos, permanecen estables e non se teme pola súa vida, salvo complicacións imprevistas.

O ferido máis grave sufriu un traumatismo torácico abdominal e foi intervido cirurxicamente durante a pasada madrugada tras o seu ingreso neste hospital.

O segundo padece traumatismo torácico con contusión pulmonar e encóntrase tamén na UCI.

Por último, o terceiro accidentado sufriu un traumatismo cranioencefálico e torácico-abdominal, con escáner normal, e está ingresado en planta.