Tres doses da vacina para un Ravachol que non quere perder "nin un Entroido máis"

Pontevedra
28 de febreiro 2022

No medio dunha gran expectación, Ravachol fixo a súa entrada no  Entroido pontevedrés. Tras un ano de ausencia pola pandemia, o coñecido loro regresou para reclamar o seu trono na festa máis gamberra do calendario lúdico da cidade

Presentación da vestimenta de Ravachol no Entroido 2022 Mónica Patxot

No medio dunha gran expectación, Ravachol fixo a súa entrada no Entroido pontevedrés. Tras un ano de ausencia pola pandemia, o coñecido loro regresou para reclamar o seu trono na festa máis gamberra do calendario lúdico da cidade.

Iso si, para poder celebralo con total seguridade, chega a Pontevedra coas tres doses postas da vacina contra a covid-19. E é que, neste 2022, Ravachol homenaxea aos soros que tantas vidas salvaron este ano e aos profesionais que as inxectaron á poboación.

Ataviado con máscara e cunha gran xiringa atada ao pescozo, o loro chega puntual á súa cita co Entroido de Pontevedra "e promete nunca máis faltar ao seu encontro", segundo sinalou María Simal, portavoz da Asociación Recreativa de Xeve.

Ravachol, ao que acompaña tamén un vial de vacina e a recreación dun coronavirus aos seus pés, anima así aos seus concidadáns "a esquecer as penas, a fame do corpo e dás ánimas para encher a cidade de ledicia, festa e diversión".

A presentación da vestimenta que o loro portará este ano ata a súa incineración o vindeiro sábado 5 de marzo foi na Praza da Peregrina.

Alí, como cada ano, recreouse a histórica botica de Perfecto Feijóo, onde o propio Ravachol morreu un luns de entroido do ano 1913.

Nesta ocasión, debido á pandemia, ao seu enterro non poderá acompañarlle o tradicional cortexo fúnebre e a súa despedida limitarase á súa incineración. Será a partir das 20:00 horas na Praza de España, segundo recolle a programación municipal para este Entroido 2022.