Trece mulleres "deslinguadas" dispostas a predicar coa palabra

Pontevedra
16 de marzo 2023

O foro 'As mulleres que opinan son perigosas', que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, inaugurarase este venres ás 12:00 horas e contará coa participación de trece mulleres do ámbito da comunicación que debatirán sobre diversas temáticas

Presentación da sexta edición de 'As mulleres que opinan son perigosas' Mónica Patxot

Este venres 17 de marzo comeza a sexta edición de 'As mulleres que opinan son perigosas' no Teatro Principal. Este foro está impulsado por Diana López e Susana Pedreira, que serán as encargadas de inauguralo ás 12:00 horas acompañadas por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra.

Ás 12:30 Alba Moledo, xornalista do Diario de Pontevedra, tomará a palabra con 'Malcriadas e deslinguadas. A opinión centennial en clave local'. A continuación, ás 13:15, as redes sociais estarán representadas no acto da man da creadora de contidos Sindy Takanashi con 'Activismo e influencia: responsabilidade e viralidade na opinión con perspectiva feminista para Instagram'.

Pola tarde, intervirán Aida Pena, da Cadena SER; Nuria Labari, da sección de opinión en El País; e María Guerra, periodista e crítica de cine. Mara Torres, xornalista na Cadena SER, será a encargada de pechar a xornada ás 19:30 con 'Conversacións, experiencias e humor: a noite é súa'.

O sábado 18 de marzo participarán Paula Montes, periodista en Radio VigoAntía Paz, do xornal Luzes; e Paloma RandoMarta Peirano e Laura Ferrero, escritoras de artículos en El País. Ademais, María Martín falará de linguaxe inclusiva e Rosa María Calaf, histórica corresponsal de TVE, será a encargada de pechar a xornada.

Como iniciativa complementaria á celebración do foro, a Deputación e o Concello veñen de publicar as bases da primeira edición dos Premios #MulleresQueOpinan.

Otorgaranse 1.000 euros aos mellores artigos de opinión escritos en galego e en castelán sobre as temáticas que se aborden nas conferencias ou que se traten nas roldas de prensa. Ademais, serán publicados nos principais xornais da provincia de Pontevedra.

O único requisito, ademais da temática, será que o texto acredite ter asistido ao foro e inspirarse nel para escribir a peza de opinión. En canto á extensión, sen contar espazos, non poderán exceder dos 3.000 caracteres, e constarán de titular e corpo. Os artigos orixinais poden ser inéditos ou teren sido publicados por xornalistas que cubrisen as xornadas do foro e os publicasen nos medios nos que traballan.