Toni Cantó, como unha mariscadora máis

Poio
16 de outubro 2012

O deputado de UPyD acompañou ás mariscadoras de Campelo nunha das súas xornadas de traballo. Posteriormente paseou pola Praza de Abastos de Pontevedra. PontevedraViva acompañouno durante todo o percorrido

Toni Cantó probou co rastrillo co que traballan as mariscadoras PontevedraViva

"Canta expectación! Non será por nós? Mira que vimos sen pintar!", bromeaban a primeira hora da mañá as mariscadoras de Campelo. Ninguén as avisou. Non sabían que Toni Cantó, deputado de UPyD, acompañaríaas hoxe. "Eu preferiría, sinceiramente, que viñera Belén Esteban", dicía unha delas. Pero só era unha pouse. Cando apareceu na beira da praia de Cabeceira, caeron rendidas aos seus pés.

Iso si, non abandonaron nin un momento o seu espírito socarrón. "Se foras o meu home non sei o que te faría", díxolle unha mariscadora cando Toni Cantó achegouse a unha delas para saber como era o seu traballo. Entre risas, animouse ata co rastrillo. Aínda que sen sorte. "Pesa mucho. Di tres rastrilladas y ya no puedo más", lamentou. Os berberechos que atopou houbo que devolvelos ao mar. Eran demasiado pequenos.

Maravillado, dixo, do esforzo e do traballo destas mulleres, Cantó sacou ata o seu teléfono móbil para sacarlles unha foto faenando. "Coidado a ver se vas saír na Interviú", burlábanse entre elas.

Durante media hora, baixo unha intensa choiva, o deputado de UPyD, foi coñecendo todo o proceso de extración de ameixa e berberecho. Tivo tempo tamén para preguntar que industria era esa (por ENCE) tan preto de ría. "ÿ a que nos fai moito mal", informáronlle as mariscadoras.

Unha vez xa de volta en terra seca, Toni Cantó, destacou que"este es el tipo de trabajo que hay que cuidar y ojalá tuviesen un poco más de atención por parte de las autoridades". Dixo estar gratamente sorprendido ao descubrir que son as propias mariscadoras"las que siembran y las que cuidan del medio ambiente", un concepto de sostenibilidad que dixo está coñecendo en Galicia con diferentes sectores relacionados coa pesca artesanal.

"Me voy sorprendido de lo duro que es", recoñecía, esgotado pola experiencia. "Yo ya había cogido el rastrillo, pero en Valencia y para la tellina (coñecida en Galicia como cadelucha)", explicou Cantó. "Yo he pescado mucho, pero sobre todo con caña y en pesca submarina", pero nunca dijo, "en las condiciones tan duras en las que trabajan estas mujeres, unas auténticas heroínas del día a día".

E da ría, ao mercado

Tras coñecer de primeira man o traballo das mariscadoras, Toni Cantó e a comitiva de UPyD, encabezada polo candidato á presidencia da Xunta, José Canedo, pasearon pola Praza de Abastos de Pontevedra. Alí tamén recibiron, aínda que moito menos, o agarimo da xente, reacia en moitos casos a recibir de mans do actor a propaganda electoral do partido."Es que estamos muy hartos de todos los políticos, son todos iguales", replicaba unha das vendedoras. "No todos, alguno habrá al que pueda votar", díxolle Cantó.

O deputado de UPyD interesouse por varios dos produtos que se vendían no Mercado, especialmente polo peixe e o marisco. "Qué rico huele todo aquí, qué fresco está todo", recoñecía durante o paseo. Tanto que lle abriu o apetito. E decidiu que o saciaría alí mesmo. Se Soraya Sáenz de Santamaría comprou este sábado unhas zapatillas de Bob Esponja nunha zapatería, hoxe Toni Cantó decidiuse por un bo pedazo de queixo e un anaco de pan artesano. O comercio de Pontevedra está de moda.

Arquivado en