Nesta quinta entrega de "A cociña gourmet en conserva" contamos cun dos produtos máis accesibles e exquisitos que se poden atopar en lata: o atún claro, coa calidade de sempre das conservas PESCAMAR.
Esta especie tamén é coñecida polo seu nome en inglés: "yellowfin tuna", traducido literalmente como atún de aleta amarela. A súa prezada carne é firme e rosada e de sabor máis suave ca outros peixes do seu mesma familia. De hábitos migratorios, captúrase por grandes barcos nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.
PESCAMAR presenta o atún claro na súa versión máis saudable e saborosa, con aceite de oliva. Deste xeito, combina as propiedades da cociña atlántica coas bondades da dieta mediterránea. O aceite de oliva achega graxas de gran calidade, ideais para previr problemas co colesterol e cardiovasculares.
Para preparar uns saborosos tomates recheos de atún claro en aceite de oliva PESCAMAR precisamos os seguintes ingredientes:
- 3 tomates grandes
- 1 lata de atún claro en aceite de oliva PESCAMAR
- 1 ovo
- Alcaparras, pementa negra, olivas
- Salsa mahonesa
- Leituga, albáfega en follas ou cóengos
Elaboración:
Cocemos o ovo e, unha vez arrefriado, picámolo ben.
Tomamos a lata de atún claro en aceite de oliva PESCAMAR e desfacemos en migas o contido.
Preparamos o recheo co atún claro migado, o ovo duro picado, as alcaparras e un chisco de pementa negra.
Baleiramos os tomates pola parte superior, enchemos coa pasta e cubrimos coa salsa maionesa. Adornamos cunha oliva no centro.
Como proposta de presentación, podemos colocar os tomates recheos de atún claro en aceite de oliva PESCAMAR sobre unha cama de follas verdes, composta de leituga, albáfega ou cóengos ao gusto.
Este prato constitúe un entrante fácil, rápido e de gran calidade. Nuns días, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas PESCAMAR.