Todos os maiores de 18 anos recibirán a dose de reforzo da vacina contra a covid-19

Pontevedra
13 de xaneiro 2022

Tras inxectar a terceira dose da vacina contra a covid-19 aos maiores de 40 anos, o Goberno autorizou que esta picada de reforzo se amplíe, ao longo das próximas semanas, a todos os maiores de 18 anos

Vacinacion contra a covid-19 Mónica Patxot

Tras inxectar a terceira dose da vacina contra a covid-19 aos maiores de 40 anos, o Goberno autorizou que esta picada de reforzo se amplíe, ao longo das próximas semanas, a todos os maiores de 18 anos.

Así o anunciou este xoves a ministra de Sanidade, Carolina  Darias, tras a reunión da Comisión de Saúde Pública que actualizou a estratexia de vacinación.

Isto prodúcese despois de que se reducise o intervalo para as doses de recordo desde a vacinación completa, que pasa de seis a cinco meses de marxe.

Galicia xa anunciou que convocará aos galegos de 30 a 39 anos a partir do próximo mércores, priorizando a persoas con condicións de risco e aquelas que hai máis tempo que recibiron a vacinación contra o coronavirus.

Ademais, tamén se administrará dose de recordo a persoas que realizan viaxes internacionais por motivos de estudos ou laborais nos que se require a administración de dose de recordo, sempre que se xustifique a súa necesidade.

Darias sinalou que, a pesar diso, a prioridade para o Goberno é vacinar ás persoas maiores de 12 anos que aínda non se vacinaron ou non completaron a pauta completa, así como a terceira dose nos grupos de poboación previamente recomendados.