O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sinalou que en breve espazo de tempo, o próximo mes de abril, empezarán a funcionar ás Pousadas do Salnés.
Durante os días que restan, a empresa ribadumiense Novavila Rías Baixas aliada con Sutega acabarán de amoblar as instalacións. E terán que facelo cun deseño diferenciado para cada unha das Pousadas, segundo desexo expreso de Hotusa, a cadea que xestiona os catro establecementos do Salnés.
Segundo transcendeu a de Armenteira será unha posada especializada na gastronomía, Meaño estará dedicada ao albariño, Ribadumia centrarase na saúde e o deporte e A Lanzada centrarase no turismo.
O anuncio da apertura dos establecementos tivo lugar este domingo durante a inauguración do novo acceso e a humanización do ámbito do mosteiro de Armenteira, executadas polas empresas Covsa e Construcións Abal.
O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, sinalou que o seu próximo obxectivo será a construción dun albergue para peregrinos.