Toda unha Semana para filosofar sobre o tempo

Pontevedra
01 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A análise do concepto do tempo reúne dende este luns no Teatro Principal de Pontevedra a un bo número de profesores, especialistas, estudosos e investigadores convidados polo Aula Castelao para participar na Semana Galega de Filosofía  

Inauguración da Semana Galega de Filosofía Concello de Pontevedra

A análise do concepto do tempo reúne dende este luns no Teatro Principal de Pontevedra a un bo número de profesores, especialistas, estudosos e investigadores convidados polo Aula Castelao para participar na Semana Galega de Filosofía.

"O tempo, un termo moi extenso, volátil, citado e tratado xa non na arte, senón na nosa humanidade. Un concepto estraño ao tempo que familiar, pois podemos experimentalo no día o día, ou cremos sentilo, dalgún ou outro xeito, a cada ollada e cada pisada", así o sinalou esta mañá na inauguración a tenente de alcalde, Eva Vilaverde.

A concelleira expresou o "orgullo" da cidade do Lérez por sumar xa corenta edicións desta cita "clásica e necesaria" que "non é que forme parte da Boa Vila, senón que, dalgún xeito, tamén lle dá forma", xa que "fomenta ese pensamento crítico, ese dinamismo e esa cultura que procuramos e defendemos en Pontevedra".

A investigadora catalá Fina Birulés, especialista na obra e pensamento de Hannah Arendt, foi a encargada de abrir as conferencias neste encontro no que, ao longo de cinco días, participarán un total de 15 relatores que farán múltiples interpretacións sobre o concepto do tempo, dende a física até a literatura, desde a filosofía á bioloxía. O tempo é unha constante transversal que chega a funcionar non só coma un fío conductor, senón como una autoestrada pola que circulan os pensamentos.