Toda Galicia esixirá PCR ou carné de vacinación no lecer nocturno

Pontevedra
14 de xullo 2021

O comité clínico deseñou unha nova estratexia para tratar de frear a transmisión descontrolada entre a poboación máis nova que inclúe a ampliación ao lecer noctuno de toda Galicia a medida de esixir aos seus clientes a proba PCR negativa ou o certificado de vacinación para poder entrar no local

Proba piloto para a reapertura do lecer nocturno na Pomada

O comité clínico deseñou unha nova estratexia para tratar de frear a transmisión descontrolada entre a poboación máis nova que inclúe a ampliación ao lecer noctuno de toda Galicia a medida de esixir aos seus clientes a proba PCR negativa ou o certificado de vacinación para poder entrar no local.

Segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a partir do martes amplíase a toda a comunidade unha medida que a semana pasada xa se puxo en marcha en municipios como Pontevedra e que agora se estende aos concellos tanto en nivel medio como en nivel medio baixo. 

Para iso, a consellería tamén amplía a todas as áreas sanitarias, a partir do martes, o sistema de autocita para un cribado PCR.

Respecto a os certificados de vacinación son xa máis de 407.000 (do galego 407.499 e do europeo 486.460). Tamén se pode pedir o certificado en papel no centro de saúde e nas oficinas de farmacia e no número de teléfono 900 400 116.

CONCERTOS

A Consellería de Sanidade está a estudar con Cultura que tamén se aplique nalgúns concertos a medida de esixir certificado de vacinación ou PCR.

Por agora, o comité clínico non modificou o protocolo dos concertos, pero non se descartan correccións atendendo á incidencia acumulada e á ocupación hospitalaria.