Un movemento sísmico de magnitude 3,1 rexistrouse durante a madrugada do sábado ao domingo en Barro.
Segundo a información rexistrada polo Instituto Xeográfico Nacional, o tremor tivo lugar ás 01:24 horas.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) non ten constancia de que o sismo provocara ningunha situación de emerxencia nin ocasionase danos.
Con posterioridade ao mesmo, sobre as 2:30 horas da madrugada, o 112 si que recibiu unha chamada dunha persoa en Poio solicitando información polo sismo.
Segundo ten rexistrado o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor deixouse notar en localidades de toda a provincia de Pontevedra e tamén do sur da provincia coruñesa.
Entre as localidades nas que se sentiu o terremoto figuran, na provincia pontevedresa: Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Caldas de Reis, Marín, A Lama, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Bueu, Soutomaior, Campo Lameiro, Vilanova e Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Cambados ou Meis.
Tamén puido notarse máis lonxe, en puntos da provincia como Valga, Vigo, Mos, A Estrada, NIgrán, Moaña, Pazos de Borbén, Vila de Cruces, Salvaterra, Lalín, Gondomar, Porriño, Ponteareas, Crecente, Redondela, Tomiño, Silleda, O Rosal, Mondariz, As Neves ou A Cañiza.
Na Coruña, puido sentirse en Boiro, Santiago, Ordes, Teo, Vedra, Arzúa, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Oroso, Touro, Rois, O Pino, Boqueixón ou Rianxo.