Tempo inestable e chuvioso para o Xoves e o Venres Santo

Pontevedra
29 de marzo 2021

Para os vindeiros días agárdase na Rías Baixas unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros, á espera de precipitacións nas xornadas do Xoves e Venres Santo. As temperaturas serán altas para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán notablemente entre os 9º e os 27º

Praia de Sanxenxo con tempo nublado Mónica Patxot

Segundo datos de Meteogalicia, para o comezo desta semana otempo manterase primaveral nas Rias Baixas coma durante a fin de semana, pero xa chegado o Xoves Santo, a situación cambiará notablemente.

Agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros despexados á espera de precipitacións nas xornadas do Xoves e Venres, ambos festivos.

As temperaturas máximas serán altas para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán notablemente entre os 9º e os 27º.

Este luns comezou con inestabilidade debido á influencia de altas presións con alternancia de ceos poucos nubrados e despexados que xa pola tarde se irán convertendo en nubes de evolución. Cos respecto ás temperaturas seguiranse mantendo sen cambios significativos con mínimas de 9º e cunha leve subida dás máximas que poden alcanzar os 26º.

Na xornada do martes no que respecta a las temperatura haberá un leve ascenso das mínimas situándose en 12º e manteranse as máximas en 26º. O ceo seguirá con presenza de nubes e claros aínda que haberá ceos totalmente despexados en certos momentos da tarde.

Para o mércores as temperaturas seguirán en leve ascenso con mínimas que se prevé que alcancen os 13º e máximas de 27º. Con respecto ao ceo agárdanse nubes e claros durante toda a xornada.

 

A PONTE DE SEMANA SANTA

Chegado o xoves e con el o comezo da ponte de Semana Santa, comezará a inestabilidade debido a que se prevén chuvias durante practicamente todo o día. As temperaturas mínimas apenas rexistrarán cambios situándose nos 12º, sen embargo as máximas descenderán ata os 19º.

Para o venres parece que a situación tenderá a mellorar aínda que permanecerán as precipitacións, xa con menor intensidade, e con alternancia de nubes e claros. Continuarán en descenso as temperaturas con mínimas de 11º máximas de 17º 

Xa para a fin de semana espérase que o tempo mellore, aínda que as mínimas seguirán en descenso. Os ceos para ambos días estarán solleiros e con presenza de nubes e claros, e as temperaturas situaranse entre os 8º e os 18º.