Tempada de récord nas Ruínas de San Domingos alcanzando o segundo mellor rexistro en 20 anos

Pontevedra
04 de novembro 2023

Segundo mellor dato en vinte anos nas Ruínas de San Domingos, que recibiu entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2023 un total de 123.490 visitas. Trátase dun dos edificios que forma parte do Museo de Pontevedra e acaba de pechar as súas portas ata o ano que vén, batindo unha temporada de récord especialmente en agosto que, con 39.741 persoas, foi o mes con máis visitas desde que hai rexistros

Ruínas de San Domingos Deputación de Pontevedra

Segundo mellor dato en vinte anos nas Ruínas de San Domingos, que recibiu entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2023 un total de 123.490 visitas.

Trátase dun dos edificios que forma parte do Museo de Pontevedra e acaba de pechar as súas portas ata o ano que vén, batindo unha temporada de récord especialmente en agosto que, con 39.741 persoas, foi o mes con máis visitas desde que hai rexistros. 

Segundo os datos facilitados pola Deputación de Pontevedra, en 2010 as visitas superaron as 130.000 e o ano pasado acadaron as 111.662. Este ano, a pesar de que a apertura se produciu dúas semanas máis tarde que en 2022, o número de visitantes foi superior nun 10%.

Ata o 15 de outubro foi posible realizar algunha das visitas guiadas diarias gratuítas que realizou o persoal do departamento de Educación do Museo e, ata o 31 do mes pasado permaneceu ademais aberto para a visita libre de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas.