O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, deu positivo en covid-19. Así o transmitiu o gabinete de comunicación do concello.
O contaxio do rexedor do Partido Popular foi confirmado por unha proba PCR.
Telmo Martín, de 63 anos, atópase na súa casa, gardando corentena, e con apenas síntomas.
"Encóntrome ben, teño unhas décimas de febre pero estou tomando Paracetamol como me indicaron", confirmou Telmo Martín nunha mensaxe de audio.
Desde o concello de Sanxenxo apuntan que ao longo dos próximos días o alcalde continuará a súa actividade diaria con teletraballo.
"Eu viña facendo PCRs periódicas pola miña conta. Sempre fun negativo pero neste caso me acaban de comunicar que son positivo", explicou o rexidor.
"Moitas grazas polo voso interese e unha aperta. Coidádevos moito", despediuse o alcalde.
Segundo informou a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés o municipio de Sanxenxo ten este este xoves 155 casos activos, son 12 menos que onte mércores.
O departamento de Prevención do Concello de Sanxenxo realizará este venres a partir das 9:30 horas unha PCR a todos os traballadores do edificio consistorial e aos do departamento de Emerxencias.