O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 13 de setembro 224 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 24 menos que onte.
Son 3 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.
O número de pacientes hospitalizados é de 4 persoas, delas tres están atendidas no Hospital Montecelo e unha no do Salnés. Outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, 216 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 20.913 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 27 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 299.756, nas últimas 24 horas fixéronse 211. A estas probas súmanse as 134.262 probas de antígenos e outras 107.538 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.466 deles 939 son da área da Coruña, 667 da de Lugo, 367 da de Ourense, 224 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 600 da de Santiago e 160 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 116 en unidades de hospitalización e 3.308 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 175.104 persoas curadas, rexistrándose 2.604 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.791.243.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.230.385.