Tambo e Cíes colgan o cartel de completo

Bueu
07 de abril 2023

Un gran número de persoas elixiron as visitar as Illas Atlánticas durante estas vacacións chegando a completar o cupo dispoñible tanto o xoves como este venres para ir ás Cíes. Aínda que non pertence ao Parque Nacional, o mesmo sucedeu en Tambo, segundo informaba a navieira Mar de Ons

Un grupo de persoas visita a illa de Tambo PontevedraViva

Un gran número de persoas elixiron as visitar as Illas Atlánticas durante estas vacacións chegando a completar o cupo dispoñible tanto o xoves como este venres para ir ás Cíes. Aínda que non pertence ao Parque Nacional, o mesmo sucedeu en Tambo, segundo informaba a navieira Mar de Ons. 

Polo momento segue sendo posible reservar billete para o sábado e para o domingo. No caso da Illa de Ons, son máis de 1.200 as persoas que xa realizaron o seu reserva anticipadamente. 

Mar de Ons freta barcos ás Cíes ata este domingo desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo e Portonovo. No caso da Illa de Ons, os barcos parten desde Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo.

Tambo estreou este xoves as conexións marítimas da Navieira Mar de Ons. Son visitas de máis de 3 horas de duración que parten do porto de Combarro e inclúen un roteiro guiado durante a cal os participantes poderán percorrer a pé a illa coñecendo interesantes elementos do seu pasado como as ruínas do lazareto ou a capela de San Miguel, así como diversas edificacións abandonadas da época en que Tambo foi base militar como os barracóns, a casa do oficial ou oa antigo polvorín.

O xoves aínda había algúns billetes dispoñibles para sábado e domingo

"A Semana Santa é unha gran oportunidade para descubrir e coñecer en profundidade as posibilidades que ofrece o Parque Nacional das Illas Atlánticas, un enclave natural que se atopa entre os máis visitados de Galicia", apunta Silvia Torres, responsable comercial desta naviera.