Suxi con bonito do norte Pescamar

Pontevedra
21 de decembro 2019

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional do Xapón, o suxi, que presentaremos envolto na alga nori e co que aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte

Suxi Helen.Yang en Flickr

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional do Xapón, o suxi, onde imos aproveitar todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.

O bonito do norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados, indicados para reducir os niveis de "colesterol malo". A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.

O suxi é un dos pratos máis coñecidos da cociña xaponesa, aínda que a palabra provén do chinés, e en orixe aludía ao adobo de peixe salgado. Actualmente, o suxi asóciase coa maneira particular de preparar o arroz ao que, despois de cocido, impregnamos co vinagre de arroz que lle dá o seu particular sabor. Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar.

Para preparar un delicioso Suxi con bonito do norte Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar

- 4 follas de alga nori

- 100 g. de arroz cocido

- 5 patacas

- 2 cenorias

- 50 g. de chícharos

- 50 g. de xudía fina

- 1 ovo duro

- 80 g. de maionesa

- Unhas pingas de vinagre de arroz

- Sal

- Ceboliño

- Cubos de xeo

Preparación:

Pelamos e cortamos en dados as patacas e as cenorias.

A continuación, cocemos todos os vexetais nun recipiente con auga e sal. Unha vez cocidos, escorrémolos e refrescamos en auga con xeo.

Para preparar a ensalada rusa, mesturamos as verduras co ovo duro picado, 100 g. de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar e a maionesa.

Rectificamos o sal e engadimos unhas pingas de vinagre de arroz.

Sobre unha folla de alga nori, estendemos o arroz cocido, botamos por riba unhas pingas de vinagre de arroz e a ensalada rusa. Enrolamos formando un canelón e cortamos en toros.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.