Sufocan un incendio nunha vivenda de Vilagarcía provocado por un deshumidificador

O Salnés
12 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Un veciño de Vilagarcía necesitou asistencia médica tras incendiarse un deshumidificador na súa vivenda, segundo informou este venres o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia

Intervención da Policía Local de Vilagarcía e os Bombeiros Protección Civil de Vilagarcía

Un veciño de Vilagarcía necesitou asistencia médica tras incendiarse un deshumidificador na súa vivenda, segundo informou este venres o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Esta incidencia tivo lugar pouco antes da unha desta madrugada nun piso da Rúa Arapiles, en Vilagarcía.

Ata alí acudiron os equipos de extinción despois de recibir o 112 Galicia a chamada dun familiar do afectado por un lume que comezou nun deshumidificador.

Segundo informaron estas mesmas fontes, o electrodoméstico estaba instalado nun baño anexo a un dormitorio e, aínda que o lume sufocouse rápido, os danos por fume na vivenda eran evidentes.

Con todo, o ocupante, que recibiu asistencia médica no mesmo lugar dos feitos sen que fose necesario o seu traslado, decidiu pasar alí a noite tras asegurar os efectivos de extinción bos niveis de osíxeno.

A resposta áxil dos axentes da Policía Local e Nacional, que aplicaron o contido dun extintor, permitiu que todo se resolvese con maior celeridade.

Ao lugar do suceso tamén se desprazaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes de seguridade, acudiron os Bombeiros de Vilagarcía e o servizo local de emerxencias.