Substitúen os bombeos do río Loira polos seus constantes fallos

Marín
19 de xaneiro 2015

Ademais estase a elaborar un proxecto sobre o deseño e a construción dun pozo para a decantación de areas con by-pass para a súa limpeza, así como un sistema de desbaste manual e automático para a retención de sólidos, ambos os dous previos ao bombeo de augas residuais de Loira

Substitución dos bombeos de Loira Concello de Marín

Debido ás verteduras producidas no bombeo de Loira, o Concello de Marín procedeu á substitución das dúas bombas existentes por outras novas de Hidráulica Supervortex, valoradas en máis de 7.000 euros cada unha. O obxectivo é reducir os desgastes por abrasión e eliminar os atoamentos, que provocan as verteduras.

Ademais estase a elaborar un proxecto sobre o deseño e a construción dun pozo para a decantación de areas con by-pass para a súa limpeza, así como un sistema de desbaste manual e automático para a retención de sólidos, ambos os dous previos ao bombeo de augas residuais de Loira. Este proxecto tamén inclúe a optimización da rede de colectores de entrada e vertedoiro do bombeo.

ÿ necesario destacar que a xestión do control e o mantemento dos bombeos de todo o saneamento municipal ten un novo contrato dende o mes de outubro, resultando adxudicataria deste unha nova empresa.

Dende o goberno local indicaron que "é necesario establecer un mellor control", así como acometer as melloras necesarias que dende o punto de vista técnico están a ser supervisadas polo servizo municipal.