Spain Film Commission impulsa, en Pontevedra, a promoción de España como destino cinematográfico internacional

Pontevedra
13 de setembro 2022

A Pontevedra Film Commission, posta en marcha pola Deputación para promover a provincia como destino de proxectos audiovisuais, foi escollida pola rede nacional para o arranque das accións, impartidas este martes e o mércores por persoas expertas do sector

Rodaxe dunha producción audiovisual Spain Film Commission

A Pontevedra Provincia Film Commission, posta en marcha pola Deputación para impulsar as rodaxes e o sector audiovisual no territorio como eixo económico e aposta turística, vén de consolidarse como referente no conxunto do Estado ao ser escollida pola Spain Film Commision como sede do primeiro ciclo de actividades formativas desta rede aos e as súas responsables a nivel estatal. 

O Edificio Administrativo da Deputación é o primeiro dos escenarios nacionais que desde este martes acolle estes cursos impartidos por recoñecidos expertos do ámbito audiovisual como Eduardo Viéitez, CEO de Creast Film; Piluca Querol, directora de Andalucía Film Commission; María Liano, directora de producción de VACA Films; y Elena Martínez, directora de Andersen Tax & Legal Spain.

Despois de Pontevedra, o ciclo continuará en Avila, Sevilla, Toledo, San Sebastián e Alacante. 

Estas actividades da Spain Film Commission buscan favorecer a formación entre os representantes das súas distintas entidades a nivel nacional, que serán os responsables de divulgar e promover o turismo cinematográfico a nivel nacional. En concreto, no curso no Edificio Administrativo participan representantes das comisións de Pontevedra Provincia; Vigo; Santiago e Asturias. 

A Pontevedra Provincia Film Commission foi impulsada desde a Deputación o pasado 2021, sendo a primeira de carácter provincial creada en Galicia. É un servizo público e gratuíto da Deputación xestionado por Turismo Rías Baixas co obxectivo de promover a provincia como destino de rodaxes e proxectos audiovisuais, así como incrementar o posicionamento da súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.