"Spaguetti alla Procida" con Il Piccolo e Conservas Pescamar

Pontevedra
26 de febreiro 2017

Á calidade de Conservas PESCAMAR únese a proposta do chef Francesco Iannelli, do Resturante Il Piccolo. Cociña mediterránea co selo dun enclave paradisíaco na costa napolitana: a illa de Procida.

“Spaguetti alla Procida” Francesco Iannelli

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" con fusión de estilos. Á calidade de Conservas PESCAMAR únese a proposta do chef Francesco Iannelli, do Resturante Il Piccolo.

As Conservas PESCAMAR permiten múltiples opcións, desde o consumo directamente da lata ata as receitas máis elaboradas.

Nesta ocasión, cociña mediterránea co selo dun enclave paradisíaco na costa napolitana: a illa de Procida. Precisamente, desde o seu local da céntrica rúa Virxe do Camiño, 16, o Restaurante Il Piccolo acumula recoñecementos polo esforzo do seu chef e xerente, Francesco Iannelli, por manter a tradición da mellor cociña italiana.

Para elaborar uns deliciosos "Spaguetti alla Procida" con polbo en aceite vexetal PESCAMAR, o chef Iannelli proponnos os seguintes ingredientes:

- 3 latas de polbo en aceite vexetal Pescamar

- 300 gramos de espaguetes

- 3 dentes de allo

- un anaco de paprica

- 2 tomates

- sal e pementa

- aceite de oliva virxe extra ao gusto

Preparación:

Nunha tarteira ou tixola botamos o aceite e preparamos un sofrito cos dentes de allo esmagados e a paprica.

Abrimos as latas de polbo e reservamos o contido. Tomamos o mollo e engadímolo á auga para cocer os espaguetes cun pouco de sal.

Mentres se fai a pasta, incorporamos o polbo en aceite vexetal Pescamar na tarteira do sofrito, os dous tomates frescos e un pouco de pementa.

Cando os espaguetes estean "ao dente" (máximo 8 minutos de cocción), engadímolos á tarteira e removemos suavemente. Xa só queda levar á mesa para compartir este prato lixeiro e cheo de sabor.

Nuns días, a calidade dos produtos do mar de Conservas PESCAMAR ofrecerannos outra apetitosa receita da serie "A cociña gourmet en conserva".