Soutomaior completa a renovación da Praza da Carreira dos Bolos

Soutomaior
13 de marzo 2025
Actualizado: 18:18

Este xoves o Concello de Soutomaior recibiu a obra e fíxose unha visita na que estiveron presentes o equipo redactor, o goberno local e tamén a empresa de Construcciones Castro, encargada da reforma

Visita á reforma da Praza da Carreira dos Bolos
Visita á reforma da Praza da Carreira dos Bolos Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior recepcionou este xoves a obra de renovación da Praza da Carreira dos Bolos do barrio da Pedreira.

O goberno local destinou preto de 200.000 mil euros a esta reforma, financiado co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O proxecto de humanización e modernización deste espazo foi deseñado polo estudo Cendón-Vázquez Arquitectos.

As obras recuperan a esencia tradicional deste espazo no que hai décadas a xente do barrio xuntábase para xogar aos bolos celtas.

O alcalde Manu Lourenzo manifestou que o goberno local aposta por un modelo de transformación urbana e rural que mellore a calidade de vida da veciñanza.

Ademais, amosouse convencido de que "en Soutomaior témolo todo para contar cun rural que fixe poboación e sexa unha referencia de calidade de vida e de mobilidade".

Manu Lourenzo fixo un repaso aos investimentos feitos no rural do municipio entre os que destacou a mellora e humanización do Val Sobral, o arranxo de camiños e espazos veciñais, dos campos de fútbol "e cun proxecto importantísimo para a transformación do noso concello como é o ecoparque empresarial".

O rexedor indicou que a xestión económica que se está a facer dende o goberno local "nos permite facer investimentos como nunca".