Desde o 7 de decembro e até o 6 de xaneiro Soutomaior vivirá unha ampla programación festiva con eventos e actividades para todos os públicos.
O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, presentaron a programación do Nadal de Soutomaior, que terá como epicentro a Alameda de Talo Río onde se instalará unha carpa do Nadal.
O Nadal chegará ao municipio o día 7 de decembro co aceso da iluminación (18.30 horas), e actividades entre as que destaca un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona (17.30 horas)
Será un mes de grandes citas e algunhas novidades, como a festa de fin de ano que Yaya DJ e a cabalgata de Reis.
'Vivir o Nadal en Soutomaior' é a lema adoptado este ano, que se completa con campañas de promoción e dinamización como 'Nadal no peto', que repartirá quince premios de 100 euros entre as persoas que realicen compras no comercio local, ou a campaña 'Adobiar o local' coa que se busca que as rúas luzan o máis bonitas posibles.
Ademais anímase ás empresas locais a colaborar en eventos como a San Silvestre, que se celebrará o sábado 28 de decembro.
Non faltarán na programación de Nadal e Soutomaior visitas como as do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos.
Espectáculos musicais, teatrais, concertos, talleres ou concursos como o de doces do Nadal completan unha proposta que pretende chegar a todos os barrios.
Consulta aquí a programación completa de 'Vivir o Nadal en Soutomaior'.