Sonsoles ÿnega e Domenec Biosca protagonizarán en Sanxenxo un encontro literario o Día da Muller

Sanxenxo
01 de marzo 2015

A xornalista presentará o seu último libro ⿿Nosotras que lo quisimos todo⿿, mentres que o profesor falará das súas '48 cartas de amor y desamor'

Sonsoles Onega, xornalista Fundación Telefónica

O Concello de Sanxenxo conmemorará o domingo día 8 de marzo o Día da Muller cun encontro literario que protagonizarán a xornalista Sonsoles ÿnega e o profesor Domènec Biosca e que terá lugar, a partir das 19.00 horas, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.

A alcaldesa, Catalina González, e a concelleira de Benestar Social, Isabel González, participarán nesta celebración organizada polo Centro de Información á Muller e que comezará coa lectura dun manifesto. Posteriormente, o presidente da Asociación de Educadores e Asesores Turísticos Educatur e da Confederación Española de Editores, Escritores e Xornalistas de Economía e Turismo (CEPET), Domènec Biosca, presentará o seu libro 48 cartas de amor y desamor.

Pola súa banda, Sonsoles ÿnega falará da súa última publicación Nosotras que lo quisimos todo na que trata sobre a difícil conciliación da vida laboral e familiar. Licenciada en Periodismo, a autora traballou para CNN+ e Noticias Cuatro, e na actualidade exerce como correspondente parlamentaria para Informativos Telecinco.

Combina a súa actividade profesional coa literatura, na que se iniciou no ano 2004, cando gañou o III Premio Letras de novela curta coa súa primeira obra 'Calle Habana, esquina Obispo,'. En 2007 publicou a segunda, 'Donde Dios no estuvo', inspirada nos atentados do 11 de marzo de Madrid. 'Encuentros en Bonaval', a súa terceira obra, consolidouna como novelista.

Tras a presentación, comezará un coloquio orientado a reflexionar sobre temas de interese relacionados coa situación da muller no ámbito laboral, familiar e social, xerando un debate aberto e participativo entre as persoas asistentes a este acto.

TALLER DE DEFENSA PERSOAL

Con motivo da celebración do Día da Muller, o CIM do Concello de Sanxenxo desenvolverá tamén un taller de autodefensa persoal destinado a proporcionar habilidades a nivel práctico e funcional, con tácticas sinxelas para poder evitar unha posible agresión.

A esta iniciativa, convocada para o próximo día 23, de 19.30 a 21.30 horas, no Pavillón de Baltar, poderán acudir mulleres e home de todas as idades, os cales deberán apuntarse previamente no Centro Municipal de Servizos Sociais (Portonovo) antes do 19 de marzo.