Solicitan unha subvención de 38.700 euros para remodelar o skatepark do Parque Azul de Marín

Marín
09 de setembro 2023

O goberno local de Marín está a buscar financiamento para iniciar a licitación das obras previstas neste espazo. Deste xeito, solicitou unha axuda económica de 38.705 euros á Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para fomentar a actividade cultural urbana no recinto

Proxecto de reforma do skatepark do Parque Azul Concello de Marín

A Xunta de Goberno local de Marín aprobaba esta semana a solicitude dunha subvención por unha cantidade de 38.705 euros a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Se obtén esta axuda económica, o Concello quere remodelar o skatepark do Parque Azul. 

A cantidade solicitada para iniciar o proceso de licitación supón o 80% do financiamento do importe total da obra, que supera os 48.382 euros.

María Ramallo, alcaldesa de Marín, sinala que se traballo durante nos útlimos meses para preparar o proxecto de reforma deste espazo de actividade cultural urbana e que agora é necesario lograr o financiamento para acometelo.

A proposta recolle a recuperación de todos os módulos de formigón e das bancadas. Cambiarase a estrutura de recollida de augas pluviais e limparanse os muros e o peche perimetral do parque.

Tamén está previsto volver pavimentar o chan e cambiar a varanda metálica. Retiraranse os módulos de aceiro actuais que se atopan sobre as escaleiras e realizaranse dous novos en formigón. 

Ademais, a intención do goberno local é instalar nova iluminación en todo o paso subterráneo de acceso ao parque.