Solicitan que se condecore o axente ferido en comisaría e aos compañeiros que reduciron o agresor

Pontevedra
16 de xuño 2023

O vindeiro martes 20 de xuño ao redor das 11:30 horas, os policías nacionais concentraranse ante a porta da Comisaría de Pontevedra en repulsa da violencia que sofre o colectivo, o desamparo lexislativo polo que están a atravesar e en apoio ao compañeiro ferido este martes pasado durante unha actuación dentro da propia comisaría  

Policía Nacional Mónica Patxot

O vindeiro martes 20 de xuño ao redor das 11:30 horas, os policías nacionais concentraranse ante a porta da Comisaría de Pontevedra en repulsa da violencia que sofre o colectivo, o desamparo lexislativo polo que están a atravesar e en apoio ao compañeiro ferido este martes pasado durante unha actuación dentro da propia comisaría.

Ademais, desde o sindicato da Policía Nacional Confederación Española de Policía, maioritario na cidade de Pontevedra, solicitan que a Policía Nacional condecore ao axente que resultou ferido tras ser agredido cun cúter por un mozo de orixe magrebí de 26 anos, así como aos outros dous axentes que reduciron ao agresor.

Os feitos ocorreron sobre as 13:30 horas, cando un mozo accedeu ás dependencias policiais de maneira violenta e visiblemente alterado, portando na mans un coitelo e un cúter, e que, como resultado da actuación dos servizos de seguridade resultou ferido un axente no ombreiro.

Desde o sindicato recoñecen que "o medo calou nos colectivos policiais ante a falta de medios e unha lexislación que lles protexa" e que "ingresar na Orde ao Mérito Policial debe estar para situacións como estas, onde os axentes poñen en risco a súa vida para salvar a dos demais, ou onde unha actuación ou investigación meritoria pon en valía o traballo policial", en palabras de Carlos Rodríguez Losada, Secretario Provincial de Pontevedra da Confederación Española de Policía.

Destaca a "calidade humana e profesional da Comisaría de Pontevedra" e en especial dos tres axentes que interviñeron, polo que insiste en que "a Administración ten que condecorar a estes tres policías".

Os feitos ocorridos o martes "volven dar a razón ao sindicato policial", que solicita "que todos os axentes deben estar dotados de pistola eléctrica Táser" e unha Unidade de Prevención e Reacción -UPR- que protexa á cidadanía de Pontevedra ante a crecente violencia que se vive nas rúas.