Soben a 6 os hospitalizados por covid, co primeiro ingreso en UCI desde o 27 de outubro

Pontevedra
21 de novembro 2021

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés duplicou esta semana o seu número de casos activos de covid ata os 219 que rexistra este domingo 21 de novembro, cifras que empezan a ter reflexo nos ingresos hospitalarios 

Hospital de Montecelo Mónica Patxot

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés duplicou esta semana o seu número de casos activos de covid, cifras que empezan a ter reflexo nos ingresos hospitalarios.

Se a semana comezou o pasado luns con 106 casos activos e un único paciente positivo por covid ingresado en planta, péchaa este domingo 21 de novembro con 219 casos activos e un incremento de 23 só na última xornada.

No que respecta a a asistencia hospitalaria, os ingresos de afectados polo virus soben a 6 (dous máis), co primeiro paciente na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo desde o pasado 27 de outubro. En canto ao resto 4 persoas evolucionan en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés.

Segundo informa o Sergas, este domingo sumáronse 30 novos contaxios na área sanitaria, rexistrándose 7 altas epidemiolóxicas para facer un total de 21.340 persoas as que superaron o coronavirus.

Ademais a tendencia á alza duplicou a cifra de probas PCR realizadas con 429 nas últimas 24 horas.