Situación estable na área sanitaria con 485 casos activos e 23 hospitalizados

Pontevedra
26 de abril 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén estable a súa incidencia. Hai 485 casos activos por covid-19, catro máis que onte, mentres que os hospitalizados por coronavirus baixan lixeiramente ata os 23 pacientes. Os novos contaxios foron 28

Xente paseando con máscaras en Pontevedra Cristina Saiz

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén estable a súa incidencia. Hai 485 casos activos por covid-19, catro máis que onte, mentres que os hospitalizados por coronavirus baixan lixeiramente ata os 23 pacientes. Os novos contaxios foron 28.

A maior parte dos hospitalizados (11) están en sendo atendidos en Montecelo. Sete máis están no Hospital  do Salnés e non hai ningún no  QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Pola súa banda, hai cinco pacientes ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os mesmos que rexistraba o último balance de  Sanidade.

O resto dos que contraeron o virus, outras 462 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 12.823 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 24 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 171 falecementos asociados ao virus. 

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 206.207, 273 nas últimas horas. Delas, 26 deron positivo (9,52%). A estas probas súmanse as 105.590 seroloxías realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.015, unha menos que o día anterior. Deles 733 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 257 da de Ourense, 485 da de Pontevedra, 878 da área de Vigo, 341 da de Santiago e 117 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 2.801 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 116.011 persoas curadas, rexistrándose 2.382 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.016.232 probas PCR, 7.130 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 141 novos infectados.