Situación covid na área sanitaria: 52 casos activos, dous pacientes ingresados en planta e un enfermo na UCI

Pontevedra
07 de outubro 2021

Xornada de baixada de casos activos en todas as áreas sanitarias de Galicia, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Detectáronse 33 novos positivos nas últimas 24 horas na comunidade autónoma, tres deles na área de Pontevedra-O Salnés. Tamén falecía un home de 76 anos no Complexo Hospitalario de Santiago nas últimas horas, elevando a cifra de decesos ocasionados pola pandemia en Galicia a 2.640 persoas

Datos covid neste xoves 7 de outubro de 2021 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés Consellería de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén a baixada de casos activos situándose este xoves 7 de outubro en 52 positivos, catro menos que este mércores. 49 destes casos atópanse recuperándose nas súas vivendas do coronavirus, mentres que o Hospital Montecelo mantéñense dous pacientes en planta de hospitalización, dúas menos que onte, mentres que un enfermo, un menos, atópase na Unidade de Coidados Críticos dese centro hospitalario.

Non se rexistraron falecementos na área durante as últimas horas. Desta forma, faleceron por este virus na área sanitaria 205 pacientes e curáronse desde o inicio do plan de continxencia por covid-19 un total de 21.175, seis máis que onte.

Nas últimas 24 horas realizáronse 168 probas PCR con tres novos casos detectados.

DATOS EN GALICIA

A cifra total de casos activos en Galicia é de 620 persoas, cincuenta e nove menos que na xornada do mércores. O número de hospitalizados é de 38 enfermos, cinco menos que o 6 de outubro, mentres na UCI hai 10 pacientes, dous menos.

Detectáronse 33 novos positivos nas últimas 24 horas, son dous contaxios diarios máis respecto a os notificados onte e 11 máis respecto a os do xoves da semana pasada. Os casos activos han baixado en todas as áreas sanitarias: A Coruña-Cee: 160 (-11); Vigo: 117 (-13); Ourense: 112 (-6); Lugo: 99 (-12); Santiago-O Barbanza: 68 (-11); Pontevedra-O Salnés: 52 (-4) e Ferrol: 12 (-2).

Nas últimas horas, a Consellería de Sanidade notificou un falecemento no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago dun home de 76 anos, diagnosticado por coronavirus. Contaba con patoloxías previas. A cifra total de falecementos desde que se notifican co inicio da pandemia elévase a 2.640 persoas.