Forzas sindicais organizan un paro xeral de dez minutos este venres polas vítimas da dana

Pontevedra
06 de novembro 2024

Este acto conta co respaldo da patronal CEOE e está organizado polos sindicatos UGT, CCOO e USO en toda España.

Dana na Comunidade Valenciana RTVE

Os sindicatos UGT, CCOO e USO convocaron un paro laboral de 10 minutos para o venres 8 de novembro ás 12:00 horas en todos os centros de traballo do Estado, tanto públicos como privados.

Este acto desenvólvese, segundo os convocantes, en solidariedade coas persoas afectadas pola dana que azoutou a provincia de Valencia durante o pasado 29 de outubro.

A iniciativa, que conta co respaldo da patronal CEOE, ten un dobre obxectivo: expresar as condolencias polos falecidos.

Ao mesmo tempo quérese mostrar apoio a quen sufriron perdas patrimoniais ou enfrontan incerteza laboral, así como solicitar a mobilización de recursos públicos para protexer o emprego, a actividade económica e asistir os damnificados.

Os sindicatos convocantes destacan a importancia dunha resposta unitaria.

Entenden que con este acto, que se celebrará once días despois do desastre natural, están a contribuír na demanda da reconstrución das zonas afectadas.

Piden tamén a reparación ás vítimas e o mantemento do progreso social dentro do marco do estado de dereito.

O tres sindicatos convidan a que toda a cidadanía se concentre tanto nos Concellos como nos centros de traballo durante eses dez minutos.