Sinalizan o aparcamento gratuíto limitado a dúas horas

Marín
30 de abril 2021

A sinalización das rúas englobadas na ZONA 2H xa está en marcha. O Concello comezou cos traballos nas zonas de estacionamento delimitadas co horario limitado de dúas horas. Entrará en vigor este luns 3 de maio e será de luns a venres, de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e os sábados de 8.00 a 14.00 horas

Colocación de sinais na ZONA 2H

A sinalización das rúas englobadas na ZONA 2H xa está en marcha. O Concello comezou cos traballos nas zonas de estacionamento delimitadas co horario limitado de dúas horas. Entrará en vigor este luns 3 de maio e será de luns a venres, de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e os sábados de 8.00 a 14.00 horas. 

Tal e como sinalaran dende o goberno municipal de Marín, esta zona é gratuíta. Simplemente farán un control de tempo para garantir a rotación e facilitar atopar un sitio libre. Para levar este control, a Policía Local usará un sistema de lectura de matrículas.

As zonas englobadas son a Avenida de Ourense, Avenida Exército e Mariña, Rúa da Ponte, Rúa de Concepción Arenal, Rúa de Jaime Janer e Rúa do Alcalde Ezequiel Massoni.

Esta ZONA 2H está englobada no Proxecto MARES (Marín Estacionamento público gratuíto), onde están incluídos os aparcadoiros públicos disuasorios e a futura construción dun parking subterráneo.

Dentro da web do proxecto se pode descargar o plano do casco urbano, a listaxe de rúas da ZONA 2H e o Parking Minuto con todos os aparcadoiros disuasorios cos tempos a pé. Tamén poden recollerse trípticos e mapas na Policía Local e Nacional, no Concello, na Biblioteca, no Museo Manuel Torres, nas gasolineiras ou na Finca de Briz.